¿QUE SE CHE OCORRE?
Aquí estamos outra vez!
Neste caso, imos contarvos unha actividade que repetimos polo moito que nos gusta e porque alucinamos cos resultados.
É a actividade de "QUE SE CHE OCORRE?", no que os nen@s, a partir dunhas imaxes dadas, teñen que debuxar o que se lles ocorre.
Primeiro ensinámosvos as imaxes iniciais. Neste caso, partimos das imaxes do coñecido "Test de Wartegg". Nós non avaliamos os resultados coma no test, únicamente o fixemos para comprobar que, ao estar nas nosas casas, e non poder copiar o que pinta o compañeiro, saíron cousas incribles. Estas eran as imaxes:
Agora alucinaredes co que foi aparecendo: nalgúns casos, como o da última imaxe, o arco, coincidiron varios amigos en pintar un arco da vella; ou nas 3 liñas paralelas, nas que máis de un viu unhas escaleiras. Pero, noutros casos, saíron cousas totalmente diferentes.
Para rematar e que comprobedes o poder da imaxinación, deixámosvos o que debuxaron a partires do puntiño da primeira casiña e da pequena liña curva de puntiños da penúltima casiña.
A partir dun puntiño pequeno, apareceu: unha rotonda (Alex), un gato (Isabella), unha estrela (Clara), un perro (Dani), un robot (Hugo), unha flor (Emma), un sol (Alexa), unha cara (Julia), unha margarida (Laura), unha porta (Leire), unha excavadora (Carlos), outro robot (Luis), unha xoaniña (Mateo), unha estrela (Sofía), unha peza de dominó (Valentina), a letra "i" (Leo), unha caixa (Steven), unha tea de araña (Daniel), outra estrela (Alma), outro robot (Lucas) e outra cariña (Oliver).
E no caso desta curviña de puntos, apareceron: un neno, un dedo, un caracol, un corazón do revés, un dedal, un prato con comida, un tobogán, unhas patacas, un parque, unhas moedas, un ovo, a letra "u", unha quenlla, a lingua dun can, outo ovo pero esta vez roto, un sol e un xeado que caeu ó chan.
VIVA A IMAXINACIÓN!!
casiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario