miércoles, 13 de mayo de 2020

17 DE MAIO DE 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Estes días todos andamos pensando nas actividades que se farían no colexio con motivo desta celebración tan importante para os galegos.
Pero o confinamento non poderá con nós!!
Imos celebralo igual y, para iso, deixámosvos por aquí unha serie de recursos para aprender xogando, tanto sobre a historia desta celebración, coma sobre o autor destacado este ano: Ricardo Carvalho Calero.
Para poder acceder a todas estas actividades pincha na seguinte imaxe e xa poderas xogar aprendendo:

E se queredes investigar un pouco máis, tedes aquí material baseado na súa obra "As pitas baixo a choiva"
Nos tamén imos facer o noso pequeno recoñecemento a este gran autor e defensor da lingua galega. Esperamos poder ensinalo por aquí moi prontiño!

No hay comentarios:

Publicar un comentario