domingo, 4 de marzo de 2018

Este ano, con motivo do día da Paz, todo o alumnado de Educación Infantil participou nunha Operación Kilo/Litro organizada polas nosas profes para colaborar coa Institución Benéfica Padre Rubinos.
Durante varios días estivemos levando ao cole productos de comida ou de aseo personal que sabiamos que poderían facilitar ás cousas á nenos coma nos con problemas para conseguir esas cousas en ocasións tan necesarios.
Aquí podedes ver que participamos con tantas cousas que precisamos dun carriño e da silliña de xoguete para levalo todo á entrada. 



Alí, na entrada, xuntamos todo o aportado por todos os nenos en nenas do ciclo. E aquí vedes como, xunto con Jose Manuel, o noso director, fixémoslle entrega de todo a un representante do Padre Rubinos. 



Quedaron tan contentos, que nos mandaron esta carta de agradecemento que compartimos aquí con todos vos. O ano que ven seguramente volvamos a poñer a nosa SOLIDARIEDADE en favor dos máis necesitados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario