CIENCIA EN GALEGO
O pasado venres tivemos unha nova sesión de Xogar a Pensar. Esta vez, Pepa apareceu cunha Caixa misteriosa.....
Isabela foi a encargada de abrila e ir sacando todo o que había dentro
Atopamos varias luvas, unha botella de plástico co seu tapón, unha anilla, unhas tixeiras e un papel no que Pepa deixara as instruccións para facer o experimento.
Pepa asegurábanos que si seguíamos ben as pautas que nos daba, poderiamos ver como unha pantasma voaba nunha botella chea de auga.
Antón e Laura ofrecéronse para ler as instruccións:
PRIMEIRA:
Yara, Javi, Roque e Martín foron os encargados de facelo:
SEGUNDA:
Esta vez, axudaron Gabriela e Pancho
TERCEIRA:
Antes de que Layla metese a pantasma dentro da botella, Vera pintoulle uns olliños.
CUARTA:
Paula meteuna con moito coidadiño na botella.
QUINTA:
E Malena pechou a botella con tapón
Para sorpresa dalgún e nós, a pantasma quedou FLOTANDO. Tras debatir un pouco, chegamos á conclusión de que se flotaba, era porque quedáralle algo de aire dentro.
Só quedaba unha
ULTIMA INSTRUCCIÓN:
Aquí foi onde atopamos máis dificultades, porque non é doado apertar unha botella chea de auga. Os primeiros intentos saíron mal, e a pantasma non se movía
¡¡Nin con axuda da profe Andrea!!
Pero un sabio refrán din que "o que a sigue, a consigue", así que seguimos apertando......
.........e apertando.......
Ata que por fin....¡¡¡CONSEGUÍMOLO!!!
A pantasma comezou a baixar según apertábamos e, cando soltabamos a botella, voltaba a subir.
A explicación desta experimento é algo complicada. Para empezar, a profe falounos de Arquímedes, que foi un superestudioso que explicou moi ben porqué flotan algúns obxectos.
Arquímedes explicou a relación entre o volume dun obxecto sumerxido, coa forza que a auga exerce nel cara arriba. Ademáis, a profe contounos que o aire pode apertarse e comprimirse; por iso, cando apertamos a botella, o aire da pantasma se comprime e pasa a ocupar menos volume. E como leva un peso dentro, ao ocupar menos volume, o empuxe da auga cara arriba é menor e a pantasma baixa polo seu peso.
Non hai mellor maneira de entender a ciencia que con experimentos así, polo que faremos máis.
E se algún papá se anima, podemos probar na casa..........
No hay comentarios:
Publicar un comentario