CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Como todos os anos, o 30 de xaneiro celébrase o DIA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.
En todos o colexios aproveitamos este día para darlle importancia a que crecer como nenos pacíficos fará que sexamos, no futuro, adultos pacíficos.
Sabemos que non chega con ser "non violentos" este día, senón que debemos evitar en todo momento, en todo o ano, os xogos de pelexas; debemos ser pacentes e saber esperar, non frustrarnos cando as cousas non saen ao noso gusto, tentar solucionar os problemas que teñamos falando ou pedindo axuda....
Aproveitamos o día para conversar sobre isto....pero tamén nos pediron que buscásemos algunha palabra para completar una laranxa que colocaríamos na entrada do colexio.
A nosa palabra tiña que empezar pola letra M. Así que despóis de darlle unhas voltas, quedámonos con estas tres:
As tres nos parecían moi relacionadas coa PAZ:
"las mamás nos quieren y nos dan mucha paz"
"queremos que haya paz en todo el mundo"
"los médicos trabajan para que la gente esté sana,
y eso es paz".
Despóis fixemos unha votación para elexir unha soa desas palabras:
Cada un escribiu a que máis lle gustaba nun papel e, despóis, fixemos o reconto de votos:
tras o que quedou determinado que a nosa palabra para a laranxa sería MAMA.
Mario escolleu as cores das letras co seu ordenador, e catro compañeiros as pintaron e recortaron. O cuarteirón pintámolo de laranxa empregando cepillos; e despóis de secarse e pegar al letras, quedou así de chulo
Aquí vos ensinamos cómo quedou a laranxa con todos os cuarteiróns das aulas de infantil.
Na nosa clase, pintamos as tres palabras e as colocamos na porta do patio, para non esquecelas. Ademáis, colocamos ao seu lado algúns debuxos que fixemos sobre a "non violencia".
Ese mesmo día 30 tamén aproveitamos a mensaxe da canción "Vivan las manos de colores" e estampamos as nosas nos ventanais que dan ao paseo, para que se vexa ven o noso desexo de paz.
A chuvia non nos deixou sair á rúa o día 30, pero o luns 2 de febreiro, xunto con nenos e nenas doutros colexios, saímos ao paseo marítimo a facer una CADEA HUMANA POLA PAZ. O paseo fixémolo acompañados dos nosos amigos maiores.
Mirade que equipo!
De volta no colexio, todos xuntos formamos o símbolo da paz e cantamos a canción "Vivan las manos de colores", que podedes escoitar premento nesta ligazón.
TODO POR UN MUNDO EN PAZ!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario