DOUS DÍAS MOI ESPECIAIS
Entre a pasada semana e esta, tivemos dúas conmemoraciós moi importantes.
O pasado 20 de novembro, todo o alumnado de infantil visibilizou o Día Universal do Neno. Falamos dos nosos dereitos, que temos todos independentemente de onde nacemos, a cor da nosa pel, a nosa relixión, o noso idioma ou as nosas características físicas. Na clase vimos dous videos que nos axudaron moito a coñecer e entender os 10 dereitos fundamentais que teñen os nenos de todo o mundo.
<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/BENG4HdElVo" frameborder="0" allow="accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture" allowfullscreen></iframe>
<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/ZImlus9eEHs" frameborder="0" allow="accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture" allowfullscreen></iframe>
E como mostra de que afondamos no tema, fixemos un pequeño traballo de visibilización empregando un dos 10 dereitos máis importantes: o DEREITO A TER UN NOME, unha identidade. Todas as aulas escribiron ou plasmaron na silueta dun boneco, os nomes de todos os membros da clase. E así de chulos quedaron:
Por outro lado, o 25 de novembro é o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Este é un tema que debemos traballar todos non só o 25/11, senón todos os días do ano.
No cole tratamos de respectarnos, de falarnos ben, de non utilizar á violencia no trato cos amigos, nin sequera para solucionar conflictos. Só practicando estas cousas dende pequenos conseguiremos ser adultos respectuosos.
Para darlle "corpo" a esta conmemoración, no andar de Infantil pintáronse 3 grandes corazóns que recheamos con papeliños de cores nos que escribimos mensaxe de paz e contra a violencia, e fixemos pequenos debuxos tamén sobre este tema.
Mirade como quedaron
Dende o paseo marítimo poden verse os nosos corazóns cheos de boas intencións.
E mirade qué casualidade!:
antes de rechealos con cores, as cores viñeron a saudar desta maneira tan chula:
Un precioso ARCO DA VELLA deixounos estas imaxes tan representativas: diversidade, amor, paz, respecto...e moito máis representado nunhas preciosas imaxes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario