domingo, 29 de enero de 2017

ANIVERSARIOS CON VAN GOGH
Tiñamos sen contar por aquí cómo fixemos no primeiro trimestre para celebrar os aniversarios dos que cumpriron 5 anos nos meses de agosto, setembro, outubro e decembro de 2016.
Nesta ocasión, Pepa presentounos a Van Gogh, pintor internacional do que puidemos aprender moitísimas cousas.
Durante a SEMANA DE VAN GOGH, repasamos as ferramentas típicas dos pintores
Pero, sobre todo, coñecimos moitísimas cousas deste pintor tan famoso.
Agora sabemos, por exemplo, que naceu en Holanda, país europeo cercano a España e con esta bandeira:
Que viviu un tempo nunha cidade francesa chamada Arlés, e que alí pintou unha das súas obras máis coñecidas: "Habitación en Arlés". Van Goh foi un dos primeiros artistas en asociar as cores a determinados sentimentos. Neste cadro (como explicou el mesmo ao su irmán nunha das moitas cartas que lle mandaba), tratou de reflexar con cores o que sentía cando estaba naquela habitación.
Traballamos o autorretrato: levamos varios espellos á clase e cada un fixo o seu, fixándose nos detalles da súa cara. Aquí podedes ver cómo nos concentramos:






E aquí o resultado:

Pero posiblemente co que máis disfrutamos foi co taller de "Los girasoles". Gracias a dous caballetes que nos prestaron a familia de Antón e a profe Chelo, poidemos traballar casi como o facía Van Gogh: os colocamos preto do ventanal do patio, xa que sabemos que a el gustáballe pintar ó aire libre, e como facía frío fora, decidimos quedar dentro pero aproveitar o lugar con máis luz da aula. Empregamos pinceles e témperas, e pintamos en vertical, como o fan a maioría dos pintores. Aquí vos deixamos un resumo deste taller:


Van Gogh resultou ser un artista estupendo pero cun carácter ao parecer bastante gris. Nos, pola contra, pasámolo moi ben traballando coas súa obras.
Para agasallar aos cumpleañeiros, despóis de que eles mesmos fixeran as súas paletas de pintores, todos os demáis deixamos nela o noso nome, como recordo deste aniversario tan artístico.
Como remate final, non podía faltar a tarta. Rocío, a nai de María, fixo un biscoito co que nos rechupeteamos os dedos. E, por suposto, apagaron a vela dos 5 anos:
¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!

¿VIRÁ OUTRO PINTOR COÑECIDO CANDO CELEBREMOS OS ANIVERSARIOS DO SEGUNDO TRIMESTRE? XA VEREMOS......


No hay comentarios:

Publicar un comentario