ATA SEMPRE COLE AZUL!!
Despois de case todo un curso esperándoo, por fin estreamos o cole novo.
Foramos a visitalo cando aínda non tiña mobles
![]() |
Pincha na imaxe...... |
Así non nos gustou moito, pero empezamos a gozalo máis cando a profe nos pediu axuda para levar algunhas cousas á clase nova. Entre todos, levamos un día os contos, outro os libros de matemáticas e outro algúns xoguetes.

Cando estivo todo listo, o último día dixémoslle adeus para sempre.....
Se vos fixades ben nas fotos, estamos moi guapos. E iso foi porque xusto este día fixemos o xa tradicional desfile de sombreiros de Pascua. PARABÉNS a todos os que participastes!! Mirade que chulada:
É posible que botemos algo de menos o cole azul, pero xa vos iremos contando o contentos que estamos no noso COLE NOVO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario