A INCRIBLE HISTORIA DO LIQUIDAMBAR
Para comezar o noso blog, pensamos en contarvos a todos a nosa historia do liquidámbar.
O caso é que con motivo do outono, algúns de nós trouxemos cousas a clase. E un dos días Antón apareceu contándonos a todos que en NOIA, collera cos seus avós follas e semetes dunha árbore que se chama LIQUIDAMBAR.
Contounos que estas follas tiñan as cores do outono: vermello, amarelo, laranxa e marrón. E explicounos que a semente podía servir para que nacese outro liquidámbar.
Entón a profe preguntounos se queriamos intentar plantar a semente, e claro!! dixémoslle que si.
Comezamos a pensar as cousas que nos farían falta. Primeiro necesitabamos unha maceta, e a profe Isa ofreceuse a traer unha. Logo pensamos en como poderiamos botar terra na maceta, e alguén suxeriu que cunha pa. Pero como algúns non tiñan pa, alguén suxeriu unha culler.
Así que a profe nos pediu que contásemos esta historia na casa para poder traer unha das dúas cousas. E este foi o resultado:
Para regala quixemos esperar a Antón, que faltara uns días por estar maliño.
Nacerá un novo Liquidambar da nosa semente?
Mentres esperamos, enchemos a clase con estes tan chulos feitos por nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario